miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadePontevedra ten un plan para a eclipse de Sol: As vistas da...

Pontevedra ten un plan para a eclipse de Sol: As vistas da Ponte do Burgo e 2.000 gafas especiais

O Concello de Pontevedra ten un plan para os veciños e as veciñas así como para as persoas que decidan achegarse á cidade este sábado. E é que a adminsitración local, xunto coa asociación Sirio, repartirán un total de 2.000 gafas especiais para poder ollar o fenómeno astronómico con seguridade.

Será o sábado 29 de marzo cando Galicia se converta nun lugar privilexiado para observar a clipse parcial de Sol que aconterá ao longo da mañá. En Pontevedra, o Concello e a asociación astronómica Sirio irán da man para que a veciñanza poida gozar deste fenómeno «do xeito máis seguro e educacional posible», segundo indican desde a administración local.

Onde?

A Ponte do Burgo acollerá unha actividade de observación para ver como a lúa se interpón entre o astro e a terra, provocando un escurecemento que ao longo dos milenios fascinou á humanidade. «Non será baladí, xa que será unha eclipse que agochará até un 30,6 % do Sol«, tal e como explican desde o Concello de Pontevedra.

Cómpre lembrar que ao longo dos vindeiros anos, Galicia terá unha sorte especial á hora de seguir observando este tipo de fenómenos. En agosto do 2026, «viviremos unha increíble eclipse que agochará máis do 99 % do sol, para logo vivir, nos anos 2027 e 2028, eclipses solares con máis do 70 %».

Cando?

A partir das 10.00 horas, no nomeado espazo, serán repartidas un total de 2.000 gafas especiais para poder ollar este fenómeno con total seguridade e sen risco para os ollos. Cómpre lembrar que hai que evitar usar vidros afumados, radiografías ou gafas de sol convencionais, pois non protexen os ollos á hora de gozar da eclipse con tranquilidade. 

Consellos

Desde o Concello de Pontevedra, indican que as persoas deben ter en conta unha serie de consellos para desfrutar da eclipse dun xeito seguro como non mirar directamente ao Sol nin tampouco a través de lentes, prismáticos ou telescopios. Tampouco con cámaras fotográficas. Ademais, a administración local pide que se teña en conta que as lentes da eclipse teñen unha validez de tres anos e debe ser gardadas nun lugar escuro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS