O Concello de As Neves organiza unha xornada diferente para a mocidade da vila cun campionato de futbolín. A actividade terá lugar na Casa da Xuventude.
O evento dará comezo ás 17:30h e o acceso será de balde. Iso si, é preciso inscribirse por parellas no seguinte formulario.
O premio para os vencedores e vencedoras da actividade será un combo de patacas, refresco e hamburguesa para cada unha das persoas gañadoras.
