miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadeA Xunta asegura que o IES San Paio de Tui non precisa...

A Xunta asegura que o IES San Paio de Tui non precisa máis persoal de conserxería

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, vén de explicar no Parlamento que a dotación de persoal de conserxería coa que conta o Instituto IES San Paio, de Tui, é suficiente para atender as necesidades do centro.

Tras lamentar o recente falecemento dun dos conserxes do centro tudense, o titular do departamento educativo da Xunta explicou que a dotación de dúas persoas para realizar as funcións de conserxería é a que lle corresponde ao instituto, atendendo á rateo preceptivamente establecida na normativa que lle é de aplicación. “Deste xeito cóbrense as necesidades en todo o seu horario, tanto de mañá como de tarde”, sinalou o conselleiro, puntualizando que se están a cumprir “a normativa e as directrices técnicas”.

A este respecto, lembrou que a dotación de conserxes é a mesma que se aplica noutros casos similares, centros que conta tamén con sección de escola oficial de idiomas, como son os casos dos institutos IES Xulián de Magariños en Negreira e o IES Lauro Olmo no Barco de Valdeorras. “A correcta xestión dos recursos públicos require decisións baseadas en criterios técnicos, non en ocorrencias políticas nin na arbitrariedade”, reiterou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS