viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsOcio e deporteO Celta aparta a Santi Mina ao ser condeado por abuso sexual

O Celta aparta a Santi Mina ao ser condeado por abuso sexual

O Celta de Vigo aparta dos adestramentos a Santi Mina tras ter sido condeado a catro anos de prisión por abuso sexual. A maiores abriulle ao xogador un expediente disciplinario.

«Por mor da sentenza da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Almería, emitida na xornada de hoxe, o RC Celta decidiu a apertura dun expediente disciplinario ao xogador Santiago Mina para dilucidar as súas responsabilidades laborais á vista desta resolución. Por esta razón e de maneira cautelar, decidiuse apartar ao xogador, provisionalmente, dos adestramentos do primeiro equipo, sen prexuízo de que continúe realizando as actividades que ao efecto lle indique o club», lese no texto.

O xogador do Celta, Santi Mina, foi condenado a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual, aínda que o absolveu do delito de agresión sexual que pedía a Fiscalía e a acusación particular. O futbolista tamén deberá pagar unha indemnización de 50.000 euros á vítima e impónselle unha orde de afastamento de 500 metros durante 12 anos.

Pola súa banda, o futbolista do Eivissa, David Goldar quedou absolto de calquera responsabilidade penal. No seu caso só a acusación particular solicitaba un delito de agresión sexual, xa que a Fiscalía non se acudiu na causa contra o defensa galego.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS