A Garda Civil investiga presuntas carreiras ilegais realizadas na comarca do Condado, concretamente nun polígono de Salvaterra de Miño, onde todo apunta a que milleiros de persoas se concentran para presenciar exhibicións de condución e carreiras ilegais.
Do mesmo xeito, a Benemérita vén de desmentir un vídeo que circula en redes sociais, onde se observan imaxes de carreiras ilegais nun suposto polígono industrial de Salvaterra de Miño. A Garda Civil afirma que as imaxes do vídeo «están editadas, son un corta e pega, e pertencen na súa maioría a imaxes dun polígono en Vilagarcía de Arousa«.
Así mesmo, informa que efectivamente «hai unha investigación aberta e se está a estudar o caso».