A parroquia quere coñecer o proxecto co que traballa o Consorcio para poñer en marcha un centro de transportes.
Os veciños e as veciñas da parroquia porriñesa de Torneiros piden unha xuntanza con Zona Franca para coñercer o proxecto co que o Consorcio traballa coa idea de poñer en marcha un centro de transportes. Así o asegura nos micrófonos de Si Radio de Galicia o presidente da asociación de veciños, Julio Hermida, quen asegura que «aínda non hai data para ese encontro».
Hermida explica que hai moitas ubicacións posibles pero cómpre coñecer a ubicación exacta para decidir se apoian o proxecto.
Escoita a entrevista completa aquí: