sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasVigoEstaleiros Armón, favorito para facerse con Barreras

Estaleiros Armón, favorito para facerse con Barreras

A oferta presentada por Estaleiros Armón para facerse co control do estaleiro vigués Barreras é a que máis gusta ao administrador concursal segundo o informe que presentou no xulgado.

No seu informe enviado ao xulgado recomenda adxudicarlle o estaleiro vigués por enriba das ofertas presentadas pola asturiana Gondán e o grupo Marina Meridional.

«Entendemos que a oferta de Estaleiros Armón supera amplamente a de Estaleiros Gondán, non só porque a súa contía representa per se maior interese para o concurso (tanto no tema social como no negocial), senón polos demais aspectos relativos ás persoas dos ofertantes e ás súas respectivas ofertas», di o administrador no seu informe.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS