A Garda Civil detén a dúas persoas de 46 e 22 anos, veciños do Porriño, como presuntos autores dun roubo con violencia e intimidación a un mozo repartidor de pizzas da localidade.
Segundo informa a Garda Civil, o pasado día 19 de marzo ao redor das 23:40 horas, un repartirdor dun establecemento de venta de pizzas la localidade foi atracado por dous homes cando se dispuña a realizar a entrega dun pedido.
Os atracadores levaron os cartos que o repartidor portaba nese momento, así como o pedido das pizzas e posteriormente saíron correndo. Durante o atraco, e segundo informou o denunciante, os atracadores puxeronlle un obxecto punzante á altura do pescozo.
Tras a denuncia interposta, activouse a participación do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo, xunto aos compoñentes do equipo de investigación do Porriño, que levaron a cabo unha labor encamiñada á identificación e esclarecemento dos feitos.
O día 20 de marzo, un día despois dos sucesos, os dous varóns foron detidos en calidade de autores dun roubo con violencia e intimidación. As dúas persoas foron postas a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción e Primeira Instancia do Porriño, que decretou a súa liberdade con cargos.