O Club Xadrez Mos volve traer grandes resultados para o municipio da man de Xabier Pérez e Maia Pérez.
A fin de semana do 16 e 17 de abril os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos participaron nos Campionatos Galegos de Xadrez sub-10/-12/-16/absoluto obtendo os seguintes resultados:
Javier Del Valle Crespo, 3° Clasificado Sub-12.
Hugo Souto Corredoura, 5° Clasificado Sub-12.
Maia Pérez Sousa, Subcampioa Galega Sub-12.
Xabier Pérez Sousa, Campión Galego Sub-16.
Para felicitar ao club e aos catro xadrecistas en particular achegáronse ata Torroso a visitalos o concelleiro de Deportes, José Areal, e o tamén edil mosense, Baldomero Lorenzo