domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasParadantaRecuperado o cadáver do neno afogado no Miño en Arbo

Recuperado o cadáver do neno afogado no Miño en Arbo

O corpo sen vida do neno vigués, de 10 anos, que foi arrastrado pola corrente do Miño o sábado en Arbo, foi rescatado este domingo, ás 16.00 horas, mergullado e suxeito a unha pola, á altura da pesqueira dos Frades, uns 350 metros río abaixo de onde desaparecera.

O cadáver do menor, L.R.I., foi localizado unhas 20 horas despois de que desaparecera arrastrado pola corrente do Miño, ao día seguinte de que fora recuperado o corpo do seu pai, Luís Carlos R.C., de 42 anos, que tentou sen éxito rescatar ao maior dos seus dous fillos.

O  neno falecido entrara na auga o sábado, ao redonr das 19.00 horas, para tratar de coller unha chancla que se lle escapou, o corrente arrastrouno río abaixo e o seu pai tentou rescatalo. Faleceu finalmente afogado xa que ao rescatalo xa non foi posible reanimalo.

O corpo do neno foi localizado polos mergulladores aproveitando que a auga do río se foi clarificando co paso das horas este domingo.

A zona onde foi rescatado é moi perigosa e é habitual da práctica de ráfting.

Nas tarefas de rescate participou o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencia (AXEGA) con drons, os equipos especializados do equipo Pegaso da Garda Civil, bombeiros de Ponteareas, voluntarios de Protección Civil de Ponteareas e equipos dos Bombeiros Voluntarios de Melgaço. Na búsqueda empregouse tamén un robot submarino, un pequeno dispositivo capaz de peitear as zonas máis ocultas e atopar anomalías, que foi introducido en distintas cavidades para colaborar cos mergulladores, comezando por aquelas próximas ao lugar da traxedia.

Ás 16.00 horas, mentres dous mergulladores traballaban na contorna da Pesqueira do Frades a máis de 350 metros do lugar onde se produciron os feitos, atoparon ao menor enganchado por unha pola. Como noutros puntos do río, os mergulladores mergulláronse agarrados con cordas polos seus compañeiros xa que a pesar de que as comportas do encoro de Frieira pecháronse parcialmente e o nivel descendeu uns dous metros, as correntes eran moi fortes e formábanse remolinos.

A corporación municipal de Arbo reuniuse en pleno este luns para  decretar loito oficial na localidade. O Concello de Arbo envía o seu apoio e solidariedade á familia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS