lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO paro sobe en 6.000 persoas en Galicia entre xaneiro e marzo

O paro sobe en 6.000 persoas en Galicia entre xaneiro e marzo

O desemprego subiu en Galicia o dobre que na media de España no primeiro trimestre desde 2022. Galicia ten arestora 6.000 persoas paradas máis que no último trimestre de 2021, elevando o desemprego ata as 141.000 persoas.

No primeiro trimestre do ano Galicia aumentou o seu desemprego un 4,4 %, mentres que de media o paro subiu en España un 2,3%.

España aumentou en 70.900 os seus desempregados ata situarse en 3.174.700 de persoas sin traballo e unha cifra total de  20.084.700 de persoas sen un emprego.

No que respecta a ocupación en España reduciuse en 100.200 postos de traballo (-0,5%), o seu menor descenso nun primeiro trimestre desde 2019, cando se destruíron 93.400 empregos.

O número de fogares con todos os seus membros activos en paro aumentou no primeiro trimestre de 2022 en 29.000 con respecto ao trimestre anterior, e situou a cifra total en 1.052.900 fogares, dos que 298.700 eran unipersoais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS