Responde ao nome de Boo e esta fin de semana tiña unha das probas de clasificación para unha das competicións mundiais ás que se presenta a cadela.
O luns comezou mal no municipio de Pazos de Borbén. Os adestradores caninos Andrea Ferro e César Mártinez perderon a unha das cadelas de alta competición. Trátase de Boo e esta fin de semana perdeuselle a vista mentres estaba na parroquia de Canedo, en Ponteareas. Dende entón, os veciños e as veciñas de distintas localidades volcáronse nas Redes Sociais para dar con Boo. Por ahora, sen éxito.
Os adestradores recibiron varios avisos durante este martes e, segundo as últimas informacións, a cadela foi vista por varios puntos do centro de Ponteareas e, á última hora da tarde, veciños e veciñas deron o aviso de que a miraron na estrada de Ponteareas cara a Salvaterra de Miño. Todo apunta a que Boo corría á altura de Moreira dende Angoares.
Segundo as descripcións de Ferro e de Martínez, a cadela é pequena, pesa sobre 5 kilos, leva un colar de cores no que pon Tsunami e o número de teléfono (656262151). Esta fin de semana disputaban unha das probas para clasificarse nun dos mundiais de agility. Piden a colaboración da veciñanza para dar con Boo.