O reloxo marcaba as 12:08 da mañá cando o 112 Galicia recibiu a alerta sobre un incendio nunha nave que se localiza na parroquia de Padróns, en Ponteareas. Segundo indican desde Emerxencias de Galicia, mobililizaronse aos bombeiros do Baixo Miño, ao GES de Mos e ao GES-SPEIS do municipio ponteareán. Ademais, tamén colaboran na extinción do lume o distrito forestal da zona.
O 112 Galicia explica aos informativos de Si Radio que se trata dunha nave que funciona como almacén de material de construcción. Alí, gárdanse camións ou retroexcavadoras, entre outros. Todo apunta a que estaría ardendo unha destas máquinas, que, ademais, contería un cargamento de leña.
Segundo apuntan desde Emerxencias de Galicia, polo de agora non hai persoas afectadas por mor deste incendio que se orixinou ao mediodía deste mércores na parroquia de Padróns, en Ponteareas.
A nave pertence á empresa do sector da construcción, Konstrunorest.
Juan Carlos González, tenente de alcaldesa do Concello de Ponteareas:

(noticia en ampliación)