A Policía Nacional e a Garda Civil levan a cabo un novo operativo contra o narcotráfico en Pontevedra, que se mantén aberto. A investigación comezou no Salnés pero xa se estende a outros puntos da provincia. No caso traballa tamén a Policía xudicial portuguesa.
Aínd que o caso se centrou inicialmente na comarca do Salnés, estendeuse xa a toda a provincia de Pontevedra, segundo fontes consultadas.
Fontes próximas á investigación detallan que neste operativo colaboran a Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) do Corpo Nacional de Policía e Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil. Colabora con ambos os corpos de seguridade a Policía Judiciaria portuguesa neste operativo ao haber tamén posibles ramificacións no país luso.
Até o momento practicáronse varias detencións e rexistros en varios municipios no marco desta nova operación contra o narcotráfico que permanece aberta na provincia de Pontevedra.