Segundo un estudo da Universidad de Porto deixaría na rexión uns beneficios de 123 millóns de euros e repercutiría no aforro enerxético.
Unha nove ponte internacional que conecte, de forma máis contundente, o norte de Portugal co Polígono Industrial de Salvaterra e As Neves. Isto é o que estuda o goberno luso logo dunha proposta que xurdiu no contexto das xornadas Desafios da Cooperaçao Transfronteiriça: Qual o posicionamento do território do Alto Minho?. A proposta partiu dos dez concellos lusos que forman parte do lado da raia portuguesa.
Precisamente, a idea é que esa nova ponte internacional teña acceso dende Valença e Melgaço e que desemboque no municipio miñoto de Salvaterra de Miño. Neste contexto, a súa rexedora, Marta Valcárcel, amósase «contenta» por esta iniciativa do goberno portugués posto que, por unha banda, «solventaría o problema de tráfico pesado da actual ponte», relacionado co transporte de mercadorías, e, por outra banda, «intensificaría un dos actractivos da PLISAN, a súa cercanía ao país veciño».
Amáis, segundo un estudo da Universidad de Porto esta nova infraestrutura, que xa ten sobre a mea o goberno luso, deixaría na rexión uns beneficios de 123 millóns de euros e un aforro enerxético de máis de 60 millóns de euros.