O mozo de 28 anos sufriu unha parada cardiorespiratoria.
A orquestra Olympus informa que o bailarín acróbata, un mozo de 28 anos que sufriu unha parada cardiorespiratoria durante unha das actuacións na Festa da Lamprea en Arbo, evoluciona de forma favorable, segundo fixo público a dirección.
Todo ocorreu na madrugada do sábado para o domingo cando o bailarín caiu dunha altura de 7 metros e se golpeou con forza contra o escenario da orquestra. Unha veciña de Arbo, enfermeira de profesión, reanimouno e fixo chamar a unha ambulancia.
Horas máis tarde, a dirección de Olympus informaba que «afortunadamente» todo quedou nun susto.