martes, marzo 18, 2025
InicioNewsComarcasCovelo estrea xogos e instalacións no parque infantil da Graña

Covelo estrea xogos e instalacións no parque infantil da Graña

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras subministración e instalación de xogos no parque infantil da Graña, no concello de Covelo.

Estes traballos, que contan cunha achega da Xunta de máis de 30.000 euros, permitiron renovar as instalacións das que xa desfrutan decenas de nenos e nenas da zona. En concreto, retiráronse os antigos xogos e instalouse un pad amortecedor de espuma sobre o que se colocou un acabado de céspede cor verde especial para este tipo de instalacións. Unha vez rematada a superficie, instaláronse varios xogos, entre eles unha estrutura de dúas torres con rede de dobre acceso; un columpio de estrutura metálica; un balancín individual de aceiro; e un xogo de resorte individual. Ademais, instalouse unha nova fonte.

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 16 concellos da área territorial de Pontevedra por valor de máis de 520.000 euros. Na comarca do Condado-Paradanta recibiron esta subvención, ademais de Covelo, os concellos de Arbo; Crecente; As Neves; e Ponteareas. O investimento total desta liña de axudas nesta comarca foi de preto de máis de 150.000 euros.

Neste sentido, o delegado territorial destacou o “bo resultado das obras que, de seguro, están a supoñer unha gran alegría para os nenos e nenas que teñen neste parque infantil, un lugar de diversión e socialización”.

Ademais, Reguera aproveitou para lembrar a importancia deste tipo de axudas que permiten aos concellos “renovar as súas infraestruturas, algo que repercute directamente na calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS