martes, marzo 18, 2025
InicioNewsActualidadeMos acollerá a IV da Feira de Formación FormaMOS

Mos acollerá a IV da Feira de Formación FormaMOS

Mos acollerá a IV Edición da Feira de Formación FormaMos os días 20 e 21 de marzo. A mostra pretende ser un espazo de encontro, intercambio e divulgación sobre a oferta educativa dirixida a futuros estudantes de formación profesional, titulacións universitarias, capacitacións técnicas, oposición para a administración pública e outras especialidades.

O obxectivo é ofrecer a maior información posible para o futuro formativo dos e das estudantes.

FormaMOS 2025 celebrarase os días 20 e 21 de marzo, en horario de 9:00h a 15:00h no Pavillón Óscar Pereiro. A exposición abarca unha superficie de 2500 metros cadrados no que participarán 83 expositores.

Entre os expositores estarán presentes 17 universidades, 22 centros de Formación Profesional, 23 especialidades, 6 de idiomas, 8 de corpos e forzas de seguridade e protección cidadá, 2 de voluntoriado e 5 stands de administracións públicas.

O Concello de Mos asegura que «os visitantes confirmados ata o de agora ascenden a 2.896 alumnos de 41 centros procedentes de 21 localidades«, duplicando así o número de alumnado que visitará a mostra con respecto á pasada edición.

A maiores, haberá dúas charlas formativas. A primeira delas terá lugar o xoves 20 de marzo e será impartida por Mar Romera, metra e especialista en intelixencia emocional. A seguinte formación estará impartida por Víctor Arufe, profesor da Universidade de A Coruña e investigador científico. Victor impartirá a súa conferencia o venres 21 de marzo.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, asegurou que FormaMOS «se trata dun evento referente na provincia, unha iniciativa de enorme importancia que ofrece orientación á nosa rapazada cara a mellor opción formativa en cada caso».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS