A Xunta de Galicia licitará a obra de mellora da intersección na PO-400 ao seu paso polo Concello de Arbo. Concretamente, os traballos levaranse a cabo na zona que vai dende o acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños.
As obras consistiran na instalación dunha glorieta de 15 metros de radio que permitirá aliviar o tráfico desta zona e reordear as interseccións próximas. Ademais, tamén se instalará unha nova marquesina e habilitarase un espazo para que os autobuses poidan parar de forma segura.
Así, as actuacións permitirán mellorar o trazado da antiga PO-400 ampliando os carrís ata os tres metros de ancho, así como as beiravías, que contarán cun ancho de entre 0,3 e 0,5 metros, segundo a zona. Ademais, rehabilitarase o pavimento en todo o trazado.
O proxecto, que contará cun orzamento de máis de 355.000 euros, permitirá mellorar a comodidade dos conductores que pasan pola zona así como a seguridade dos veciños e veciñas.