Alfonso Rueda, presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente primeiro da Xunta oficializa a súa candidatura a relevar a Feijóo ao fronte do PPdeG e anteriormente sustituirao á cabeza da Xunta. A executiva do PP de Pontevedra é a primeira en escoitar o anuncio publicamente da súa decisión.
Alfonso Rueda:
Por respecto, os primeiros en escoitar o anuncio, este venres pola tarde, son os seus compañeiros do partido na provincia. Trasladaralles a súa decisión de postularse para liderar o PPdeG e presidir a Xunta de Galicia.
“A miña decisión, nunca explicitada, polo menos expresamente, aos primeiros aos que lla querería comunicar é aos meus compañeiros de Partido Popular en Pontevedra, do que son presidente desde 2017”, dixo esta mañá en Vigo.
O proceso de transición farase durante un congreso, lembrou Rueda, o 21 e 22 de maio, “como todos desexabamos”, en que “todos os militantes do Partido Popular de Galicia se van poder presentar, estamos en prazo, e onde todo o mundo poderá manifestar a súa opinión respecto dos candidatos que haxa, e creo que isto dá unha lexitimidade importante”.
A súa será previsiblemente a única candidatura que se presente. Conta co apoio do resto de líderes provinciais. Rueda asegurou que se sente “moi honrado e cunha gran responsabilidade” polo apoio que recibiu dos seus compañeiros de partido en toda Galicia.