viernes, marzo 14, 2025
InicioNewsActualidadeArbo acometerá melloras de seguridade viaria e accesibilidade en Abelenda

Arbo acometerá melloras de seguridade viaria e accesibilidade en Abelenda

O Concello de Arbo levará a cabo a mellora do vial de Abelenda na parroquia de Mourentán, co fin de garantir a seguridade viaria nesta zona da parroquia. O contrato conta cun investimento de 100.148,63€ e o prazo de execución das obras está previsto en dous meses, a partir da firma do contrato coa empresa adxudicataria.

As actuacións que se levarán a cabo consistirán na execución dun muro de contención derruído, a mellora da drenaxe superficial e reposición do pavimento do vial que comunica os lugares de Abelenda con Riás, canalizar as augas superficiais e a ampliación do vial co obxectivo de mellorar así a seguridade e facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos.

O alcalde de Arbo, Horario Gil asegurou que «estas intervencións dan responsta a necesidades que nos trasladou a propia veciñanza, especialmente en materia de accesibilidade e seguridade viaria, para garantir a correcta circulación de vehículos e o tránsito de peóns con todas as garantías e facilidades».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS