miércoles, marzo 12, 2025
InicioNewsActualidadeNigrán vivirá o seu entroido esta fin de semana tras aplazalo por...

Nigrán vivirá o seu entroido esta fin de semana tras aplazalo por choiva

O Concello de Nigrán celebrará o seu tradicional concurso de comparsas este venres 14 de marzo tras ter sido anulado a semana pasada pola choiva. O fin dos festexos do entroido terá lugar finalmente este domingo 16 de marzo co enterro do kiko con saída da comitiva fúnebre, como gran novidade, ás 17:00 horas desde a recén remodelada praza da Biblioteca.

O desfile de comparsas mantense como orixinalmente estaba previsto, así, estará presentado pola actriz galega e cómica Arantxa Treus e contará coa animación de rúa a cargo da charanga ‘Los Támega’, protagonista no entroido de Verín, a partir das 20:00 horas e durante a deliberación do Xurado.

O Concello mantén o percorrido habitual, que sae ás 21:00 horas por Rosalía de Castro (desde o cruce da rúa Telleira ata o cruce coa estrada do Ceán) sendo a actuación de cada comparsa á altura da Casa Consistorial. Ao remate da última actuación terá lugar a entrega de premios.

O entroido nigranés rematará a tarde do domingo 16 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, como novidade, partirá coa comitiva fúnebre e a comparsa da parroquia ‘Os tribu-Hos’ desde a recén remodelada Praza da Biblioteca Municipal de Nigrán para ser velado e sentenciado no Torreiro de Parada, onde haberá festa durante toda a tarde-noite.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS