miércoles, marzo 12, 2025
InicioNewsActualidadeÉxito na campaña da camelia do Castelo de Soutomaior con máis de...

Éxito na campaña da camelia do Castelo de Soutomaior con máis de 1.500 visitas

O Castelo de Soutomaior recibiu durante o mes de febreiro preto de 1.600 visitantes que asistiron ás actividades promovidas dende a Deputación de Pontevedra no marco da campaña da camelia.

A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou a importancia de iniciativas como esta programación que «permite achegarse ao Castelo de Soutomaior dun xeito diferente e dinamizar a oferta con propostas encamiñadas a desestacionalizar o turismo«.

A maior porcentaxe de visitantes, tal e como explicou Nava Castro, correspóndese cos grupos que asistiron ás visitas guiadas, maioritariamente procedentes de Galicia, que representou o 77% do público. O resto divídise entre visitantes do resto de España e o público internacional, que representou o 5% dos visitantes.

A deputada de Turismo subliñou tamén que este ano detectouse «un aumento salientable respecto a anos anteriores en canto á demanda de visitas escolares xa que en febreiro rexistramos 450 alumnos e alumnas procedentes de nove centros dos concellos de Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vigo».

As actividades deseñadas pola Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior esgotaron a totalidade de prazas ofertadas no mes de febreiro.

Ademais, 400 persoas descargaron o código QR para realizar de forma autónoma a actividade street scape, similar a un escape room pero ao aire libre na que as persoas participantes deben resolver enigmas e probas nos xardíns do castelo a través dunha ruta circular de dúas horas. A actividade é gratuíta e para todos os públicos, tan só é necesario un teléfono móbil con conexión a Internet para poder ler o código que está dispoñible no despacho de billetes do castelo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS