viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaOs coidados porta a porta chegan ao Porriño en maio

Os coidados porta a porta chegan ao Porriño en maio

A unidade móbil ofrecerá servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria os días 4, 5, 6 e 8

O Porriño recibirá durante eses catro día a visita da unidade móbil de “Coidados porta a porta”, a iniciativa da Xunta de Galicia para achegar aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

Profesionais sanitarios atenderán as consultas básicas e realizarán exploracións e valoracións nestas tres especialidades.

Trátase dun servizo gratuíto pero que require cita previa. Todas aquelas persoas que queiran facer uso deste servizo deberán solicitar cita no teléfono 622 748 283 ou a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal .

A unidade móbil estacionará no aparcamento da piscina municipal

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS