sábado, noviembre 30, 2024
InicioComarcasLouriñaCausan graves danos na capela de San Benito en Porriño

Causan graves danos na capela de San Benito en Porriño

Os ladróns, que actuaron de noite, roubaron o lampadario e causaron estragos no altar e no mobiliario

A capela de San Benito, no casco urbano do Porriño, foi obxecto a pasada noite dun roubo con forza e estragos no mobiliario e imaxes.

A Policía Local e a Garda Civil abriron investigación para dar cos responsables dos feitos. Os autores do roubo accederon ao interior e fixéronse co lampadario (peto con donativos a cambio de velas iluminadas), ademais de causar múltiples danos no altar e nas imaxes relixiosas.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, mostrou a súa “rotunda condena” a uns feitos que “non só supoñen un gran dano patrimonial senón tamén ao sentir de moitos porriñeses e porriñesas”

Destrozos Capela

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS