Trátase dun lume que «vai collendo intensidade», segundo fontes cercanas ao suceso, e que se ininicou antes das 12:00 horas.
A nave da empresa Distribuciones Pako, que se sitúa no Polígono da Granxa, no Porriño, comenzou a arder este mércores sobre as 12:00 horas. As primeiras chamadas que recibiu o 112 entraron pocos minutos antes do mediodía. O lume «vai collendo máis intensidade a medida que pasa o tempo», segundo fontes cercanas ao caso. De feito, Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Porriño, a Protección Civil do municipio, as forzas de seguridade e a urxencias santiarias, aínda que polo de agora non se ten coñecemento de que existan persoas afectadas polo incendio.
Minutos máis tarde, o 112 acabou por avisar tamén a outros efectivos como o GES de Mos e os Bombeiros de Ponteareas. Polo de agora, os axentes continúan nas labores de extinción. A empresa dedícase á distribución de maquinaria neumática e sitúase ao lado da panadería Golfiños