sábado, noviembre 30, 2024
InicioComarcasVal de MiñorO Parador de Baiona albergará o primeiro encontro de Equipos de Igualdade...

O Parador de Baiona albergará o primeiro encontro de Equipos de Igualdade da provincia

Alumnado e profesorado do IES Primeiro de Marzo organizan un espazo de reflexión e boas prácticas para construír espazos escolares seguros e libres de violencias machistas.

O equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, formado por alumnado de todas as etapas educativas do centro, organiza o que pretende ser o “I Encontro de Equipos de Igualdade” da provincia de Pontevedra que se celebrará na mañá do venres 22 de abril no Parador de Turismo de Baiona. Esta primeira xornada contará coa presenza do propio Equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, do Club Diversidade do IES Valadares, o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda, a Brigada Violeta do IES Chapela e a participación especial da Asamblea Coeducativa do IES La Cañuela (Yuncos, Toledo).

O obxectivo deste espazo, onde o alumnado comprometido coa igualdade é o verdadeiro protagonista, é compartir as boas prácticas en materia de igualdade que realizan diferentes institutos públicos, contribuír na prevención da violencia de xénero nas aulas e crear espazos educativos seguros para o alumnado, profesoras e persoal non docente. As reflexións, a realización de actividades colectivas e o debate conducirán unha mañá de traballo que pretende ser un punto de partida para tecer rede entre institutos na construción da igualdade.

Escoita a entrevista completa coa profesora do IES Primeiro de Marzo, Beatriz Oliveira:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS