A artista galega, Catuxa Salom, actuará a fin de semana do 10 e 11 de maio na ‘Sementeira e Música’ en Salvaterra de Miño.
A cantante, gañadora do Premio Martín Códax na categoría de Música do Mundo e Mestizaxe 2024, deleitará ao público coas cancións do seu novo disco «Nunha aldea», no que fusiona ritmos indíxenas arxentinos e folklore galego a un son electrónico.
Así, Catuxa súmase ao cartel da XVII Edición da Sementeira e Música xunto a outros artistas xa confirmados como son Dakidarría, Varacuncas, A Banda da Loba, La Duendeneta, Son das Tabernas, Terapia de Grupo, Storrentos e Fanfarría Furruxa.
Inscripcións para postos de venda
Os artesáns e vendedores ambulantes que desexen instalar un expositor durante as xornadas da ‘Sementeira e Música’ poderán realizar a súa inscripción solicitando información no 637 76 48 65 ou a través das súas redes sociais.