AndaGuláns organiza a xornada «A Ruta da Unión«, dúas andainas de 25 e 12 km que terá lugar o domingo 23 de marzo de 2025 na parroquia pontareana de Guláns. O percorrido de 25km dará comezo ás 9:00h e a de 12km comezará ás 9:30 horas.
Ambas as rutas, de dificultade media, son circulares e probas válidas para a Liga Ibérica de Sendeirismo FEDME. A maiores,a andaina de 25km forma parte da Liga Galega de Andainas de 2025, contemplada no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo.
As inscricións, abertas ata o 18 de marzo, poden realizarse na páxina web de 25km a un prezo de 15 euros para persoas federadas e 18 para non federadas.
Ademais, as andainas estarán amenizadas durante o seu percorrido pola Banda de Guláns e ao remate contarase coa actuación do humorista e actor Avelino González.
