jueves, marzo 6, 2025
InicioConcellos +A CañizaA arquitecta Rita Fernández Queimadelos conta coa súa propia praza na Cañiza

A arquitecta Rita Fernández Queimadelos conta coa súa propia praza na Cañiza

O Concello da Cañiza vén de inaugurar xunto co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a nova praza do mercado, agora denominada Praza Arquitecta Rita Fernández Queimadelos.

Rita Fernández Queimadelos foi a primeira muller arquitecta de Galicia e a terceira de España. É natural de A Cañiza e realizou os seus estudos en Arquitectura na década dos anos 30 do século pasado, unha época na que as mulleres tiñan os seus dereitos moi recortados.

Durante o acto, onde estiveron presentes o decano de Colexios de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya, o alcalde do Concello da Cañiza, Luís Piña e a filla da homenaxeada, Rita Iranzo, eloxiouse a figura de Rita Fernández Queimadelos como referente feminino durante décadas.

«Tivo o convencemento enorme de que o sexo non influía para nada na intelixencia, sensibilidade e capacidade de traballo» expresaba a a súa filla, Rita Iranzo. Mentres, o rexedor local aseguraba que «hoxe saldamos unha deuda histórica que tiñamos con esta muller».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS