A Escudería Rías Baixas vén de informar que as datas de celebración da nova edición serán os 3,4 e 5 de xullo. Segundo indican nun comunicado, esta decisión tomouse «en común acordo coa Real Federación Española de Automobilismo, institucións, patrocinadores e marcas» co obxectivo de «non perxudicar ao automobilismo galego».
Deste xeito a Escudería indica que a proba terá lugar os días 3,4 e 5 de xullo e non na «data inicialmente axendada e publicada porla RFEdA no calendario do Supercampeonato do España de Rallyes».