jueves, marzo 6, 2025
InicioNewsComarcasAlumnado do IES Salvaterra presentará un video sobre a igualdade de xénero...

Alumnado do IES Salvaterra presentará un video sobre a igualdade de xénero nun acto en Salvaterra

Alumnado de audiovisuais do IES Salvaterra de Miño presentará un vídeo creado por eles mesmos, onde se ofrece unha mirada sobre a igualdade e o papel da muller na sociedade actual, dende a perspectiva da xente moza.

O proxecto busca dar voz aos e ás adolescentes e reflexionar sobre os retos e logros que as mulleres enfrontar día a día. O obxectivo é fomentar a igualdade dende a educación e a participación activa da mocidade en temas socias e ao mesmo tempo xerar conciencia sobre a igualdade de xénero, recoñecer as contribucións das mulleres en diversos campos e promover o empoderamento.

O video será presentado nun acto especial celebrado na Casa da Cultura o vindeiro vernes 28 de marzo e estará enmarcado dentro das actividades de conmemoración do Día da Muller organizadas polo Concello de Salvaterra de Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS