martes, diciembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda pregunta a súa mocidade cales son as dificultades para quedar...

A Guarda pregunta a súa mocidade cales son as dificultades para quedar no municipio

A Oficina Municipal de Información Xuvenil vén de comezar un proxecto de investigación sobre a visión dos mozos e mozas de entre 15 e 29 anos e as perspectivas de futuro laboral que ofrece a vila. 

 

A Guarda quere fixar poboación moza ao municipio e para iso o Concello quere saber cales son as dificultades das persoas de entre 15 e 29 anos para desenvolver a súa vida no municipio. A edil Fátima Rodríguez apunta a que as principais desvantaxes «son as comunicacións», pero insite en que «na Guarda e no rural hai moitas oportunidades».

A administración local busca coñecer a opinión dos mozos e das mozas do municipio para comprobar se as principais liñas de actuación do goberno local coinciden coa mirada deste sector da poboación. Os resultados da enquisa, que está dispoñible ata o 29 de abril nesta ligazón, daranse a coñecer na feira de emprego no mes de outubro.

Podes escoitar a entrevista completa coa concelleira, aquí:

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS