martes, diciembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaO centro de saúde de Porriño triplicará a súa superficie coa remodelación...

O centro de saúde de Porriño triplicará a súa superficie coa remodelación da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns na vila un investimento de máis de 4 millóns de euros para o edificio sanitario.

 

Catro novas contultas médicas, das cales dúas son para medicina de familia, unha para pediatría e outra para enfermería; o acondicionamento do Punto de Atención Continuada e un servizo de fisioterapia son algúns dos engadidos que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de anunciar para o centro de saúde de Porriño. Unhas obras de «ampliación e remodelación» que finalizarán, segundo aseverou, «en xuño de 2023» cun investimento de «máis de 4 millóns de euros».

Grazas á ampliación o edificio sanitario contará con 3.000 metros cadrados, unha cifra que supón case triplicar a superficie actual, posto que na actualidade o centro ten 1.600 metros cadrados, segundo os datos da Xunta de Galicia. En canto ao PAC, Núñez Feijóo sinalou que o obxectivo é garantir que teña profesionais durante todo o día, «e en especial cando peche o centro de saúde».

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, explicou emocionado que «antes de ser rexedor, tiña un soño e un desexo, o soño de ser alcalde e o desexo de investimentos para o municipio» e agora «soño e desexos cumplidos», indicou o popular.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS