lunes, diciembre 23, 2024
InicioComarcasLouriña45 nenas e nenos participan no campamento de Semana Santa no Porriño

45 nenas e nenos participan no campamento de Semana Santa no Porriño

O alcalde e a concelleira de Educación deron a benvida aos pequenos no pavillón municipal, onde se está a desenvolver a actividade

45 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos participan dende o luns no campamento de Semana Santa do Concello do Porriño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, achegáronse ata o pavillón municipal, onde se está a desenvolver a actividade, para darlles a benvida e desexarlles que desfruten ao máximo da experiencia.

As cativas e cativos levan a cabo moitas actividades dirixidas a fortalecer as súas habilidades, potenciar a súa seguridade e autoestima e traballar os valores de cooperación, igualdade, solidariedade e respecto.

O campamento programouse para os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de mañá

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS