sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeDetido o presunto autor dos roubos de cableado de cobre acontecidos en...

Detido o presunto autor dos roubos de cableado de cobre acontecidos en Ponteareas

A Garda Civil de Ponteareas detén a un home de 54 anos e veciño da localidade como presunto autor de 17 delitos de roubo con forza de cableado de cobre de alumeado público.

Os feitos iniciáronse en torno ao mes de marzo do 2024, cando se recolleron as primeiras denuncias por roubos de cobre do alumeado na zona, así como por corte de cableado eléctrico dende o poste da luz ata as instalacións dunha empresa local.

A maiores, o pasado 20 de febreiro, a institución local presenta unha denuncia por roubo de cableado eléctrico da rede pública nalgunhas parroquias de Ponteareas.

A investigación, levada a cabo por axentes do área de investigación da Garda Civil de Ponteareas, conclúe que os roubos son realizados por este varón, con antecedentes penais e policiais.

No momento de ser detido, o home portaba unha maleta de grandes dimensións onde gardaba gran cantidade de cableado, recoñecento nese momento que os feitos.

As dilixencias e o detido foron presentados no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 3 de Ponteareas, onde a autoridade competente concluiu que quedaba en liberdade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS