Celebrarase o 24 de abril ás 17.00 horas no Centro Dotacional de Torroso
Ademais da anfitriona coral mosense, O Son dos Cantares, actuarán: o Coro Vales Mahía de (Silleda – Pontevedra), a Coral Polifónica de Campo Lameiro (Campo Lameiro – Pontevedra), a Coral Santa Eulalia de Donas (Gondomar – Pontevedra) e a Coral Amigos da Música (Verín – Ourense).
A entrada será libre e de balde ata completar o aforo.
O concerto será unha gran oportunidade para todos/as amantes do canto coral, que poderán gozar dunha agradable tarde amenizada musicalmente por grandes agrupacións corais galegas.