O seu libro Clover. Unha porquiña diferente opta ao galardón na categoría 1º e 2º de primaria.
“Clover, unha porquiña diferente” é finalista no premio literario Frei Martín Sarmiento. A autora, a porriñesa Beatriz Cabaleiro, foi recibida no Concello polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, para darlle a noraboa pola súa nominación e desexarlle moita sorte.
O libro, un dos poucos álbumes ilustrados bilingües en galego e inglés, opta a facerse co galardón na categoría de 1º e 2º de primaria. En maio saberemos se a autora, xunto coa ilustradora Blanca Millán, reciben o premio.
Trátase dunha obra de literatura infantil publicada por Aira Editorial que conta as andanzas dunha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, chamarán a atención das súas compañeiras e espertarán as súas supicacias. A través das súas páxinas os pequenas/os lectoras/es entenderán a importancia de respectar a diversidade e afondarán nos valores do respecto e a igualdade.
Escoita a entrevista coa autora aquí: