lunes, marzo 3, 2025
InicioNewsActualidadeNova edición do Obradoiro de Crecemento Persoal para Mulleres no Porriño

Nova edición do Obradoiro de Crecemento Persoal para Mulleres no Porriño

O Concello do Porriño abre o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Crecemento Persoal para Mulleres, unha iniciativa que busca dotar ás mulleres das ferramentas necesarias para mellorar a xestión das súas emocións, fortalecer as súas habilidades de comunicación, marcar obxectivos alcanzables e incorporar prácticas de autocoidado que contribúan a mellorar o seu benestar persoal.

O obxectivo é que cada participante se sinta protagonista da súa propia historia de vida. O obradoiro desenvolverase no Edificio Multiusos de Torneiros e terá lugar os días 18 e 25 de marzo e o 1 de abril, en horario de mañá.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou «a importancia deste tipo de programas» e asegurou que «dende o concello seguiremos apostando por iniciativas que promovan o benestar e o empoderamento das mulleres, facilitando espazos onde se poidan traballas as emocións, habilidades e fortalezas persoais».

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse presentando unha instancia xeral no rexistro do Concello do Porriño, entre o 28 de febreiro e o 13 de marzo, en horario de 9:00h a 14:00h.

Para máis información, pódese acudir ao CIM do Concello do Porriño, situado no terceiro andar da Casa do Concello, ou contactar a través do teléfono 986 33 50 00 (Extensión 257).


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS