sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeAlfombristas de Ponteareas solicitan á RAE e á RAG a inclusión da...

Alfombristas de Ponteareas solicitan á RAE e á RAG a inclusión da acepción «alfombrista» para designar aos artistas do Corpus

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas promove unha campaña ante a Real Academia Española (RAE) co fin de que a comisión de neoloxismos estude a proposta de incluir unha acepción máis á palabra «alfombrista«.

A finalidade é que a palabra recoñeza aos alfombristas como «persoa que confeciona alfombras de flores e con elementos naturais para manifestacións rituais ou relixiosas«.

Por outra banda, a asociación tamén solicitou á Real Academia Galega (RAG) que recolla o termo «alfombrista» ou «alfombreiro» para referirse aos artistas deste arte efémero.

Ademais, a asociación fai fincapé na proposta que o Ministerio de Cultura de España presentou ante a UNESCO, que leva por título «A tradición da creación de alfombrar florais e composicións rituais con materias naturais». A proposta é candidatura internacional para entrar na lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, que será avaliada en 2025.

A festa, recentemente declarada Ben de Interese Cultural Inmaterial pola Xunta de Galicia, agarda ser declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade, ao que os alfombristas declaran que «cando iso sexa unha realidade, as alfombras de flores e elementos naturais deixarán de ser tan só unha expresión asociada ás festas popualres para converterse oficialmente nun arte efémero en maiúsculas«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS