lunes, diciembre 23, 2024
InicioNewsO PaísCompostela recibe 1.000 peregrinos diarios

Compostela recibe 1.000 peregrinos diarios

Ainda non chegaron os días festivos da Semana Santa e Galicia xa está a recibir 1.000 peregrinos diarios na súa capital. Confirmouno o vicepresidente, Alfonso Rueda, quen adiantou unhas boas previsións de ocupación para o sector turístico neste periodo vacacional no que o tempo acompañará.

A previsión de ocupación é de  entre o 60 e o 80%, aínda que tendo en conta que moitos agardan a última hora, será moi posible que sexa incluso do 100% nalgúns puntos como Ferrol ou Viveiro, onde as procesións de Semana Santa son reclamo turístico. Tamén na capital galega ou na apreciada Ribeira Sacra.

No que ao Xacobeo se refire, Rueda adianta que é posible que se chegue a «cifras de prepandemia» ou cifras históricas de cara aos próximos días. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS