Dez mozas e mozos recibiron formación práctica en dez empresas do tecido local e tamén no propio Concello no marco do Programa Xuventude Mentoring na Empresa. Durante as estadías recibiron unha bolsa de formación dun mínimo de 661,50 euros ao mes e tiveron unha persoa titora encargada do seu seguimento. A maiores destas estadías, tamén e beneficiario dun plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego.
Este programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude favoreceu a formación práctica e o contacto co tecido empresarial por parte da mocidade impulsando as oportunidades de emprego xuvenil.
“Agradecemos este importante apoio da Xunta de Galicia que nos permitíu facilitar o acceso ao mercado laboral destas dez mozas e mozas. Esta acción súmase ao primeiro programa de emprego xuvenil Compromiso Xuvenil que forma a vinte xoves.» informaba a alcaldesa, Nava Castro. «Queremos axudar á xuventude a superar a barreira do primeiro emprego e, á vez, amosar ao tecido empresarial e comercial o talento das nosas persoas mozas”, explica a alcaldesa, Nava Castro.
A alcaldesa adiantou que o Concello xa presentou a solicitude para participar nun novo Programa Xuventude Mentoring ampliando o número de beneficiarios, “fomos o único concello de Galicia en beneficiarnos da última edición deste programa e volvemos solicitar este apoio porque queremos implantar políticas activas de emprego e que non quede só no discurso».
Cristian Montes anunciou que organizarán unha xornada informativa sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia nas vindeiras semanas.
Para participar neste programa hai que ter 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX (30 anos), ademais de estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano e estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.