As concelleiras socialistas Chus Garrote e Vanesa Fernández visitan os estudos centrais de Si Radio para falar sobre asuntos de actualidade municipal.
«O PSOE de Ponteareas foi o único grupo que tivo unha posición clara sobre a ubicación do novo centro de saúde». Así o aseguran as concellerias socialistas Chus Garrote e Vanesa Fernández nos estudos di Si Radio sobre a oferta que, finalmente, fai o Concello á Xunta de Galicia. As socialistas insisten en «abrir un proceso participativo para acadar o maior consenso social e político posible».
Explican, de igual xeito, que debido «as limitacións da Consellería de Sanidade», O PSdeG de Ponteareas «estudamos outros posibles emprazamentos conxuntamente co noso socio de goberno para poder ofertar unha parcela que siga a reunir as característicsa que para os socialistas consideramos imprescindibles». Refírense á mobilidade, á conexión coa estación de autobuses e o custe cero para as arcas municipais, entre outras cuestións.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: