sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeA Deputación mellorará a mobilidade peonil na contorna da Igrexa de Cabeiras

A Deputación mellorará a mobilidade peonil na contorna da Igrexa de Cabeiras

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar 380.000 euros aos traballos para afrontar a mellora da mobilidade peonil no treito antigo da estrada provincial EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcela, concretamente na contorna da igrexa de San Sebastián de Cabeiras, en Arbo.

O proxecto será financiado ao 100% pola Deputación, xa que o Concello de Arbo cubrirá o 20% que lle corresponde a través do convenio firmado entre as dúas administraciónas cunha aportación do Plan + Provincia.

En concreto, trátase da segunda fase dunhas obras que buscan reordear e mellorar o entorno e os espazos públicos no ámbito da igrexa e do Campo da Festa. A inversión recolle ademais, o viario de acceso a ambos equipamentos nun tramo de case 270 metros de dobre sentido de circulación.

A maiores, tamén se renovará o pavimento, se mellorarán os sistemas de drenaxe de augas e servizos básicos e se cambiará tanto o mobiliario urbano actual como a xardinería.

As obras levaránse a cabo nunha área conformada por distintos accesos a espazos relixiosos de elevado tránsito, polo que será necesario garantir unha continuidade peonil que faga o entorno máis accesible e atracctivo para os usuarios.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS