sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeA Rede de Micropaisaxes de Salceda de Caselas conta con sinaléctica nova

A Rede de Micropaisaxes de Salceda de Caselas conta con sinaléctica nova

Salceda de Caselas estrea sinaléctica instalada nos puntos de interese turístico do municipio no marco dunha subvención que Turismo de Galicia destina a concellos de menos de 10.000 habitantes co fin de que melloren as súas infraestruturas turísticas.

Así o destacou a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, xunto á alcaldesa do municipio, Loli Castiñeira, na visita realizada a estas novas sinais. A representante autonómica explicou que o Concello de Salceda destinou os 28.474 euros que lle foron concedidos á sinalización da rede municipal de micropaisaxes.

«O obxectivo fundamental desta axuda é fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística» sinalou Ortiz.

Esta orde de axudas, ten como fin subvencionar actuacións de embelecemento nos accesos a recursos turísticos dos Concellos, como a recuperación e tratamento paisaxístico da contorna, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rutas e outros elementos de interese turísticos; adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes e actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS