sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeVanesa Martín, segunda confirmación dos concertos de Castrelos 2025

Vanesa Martín, segunda confirmación dos concertos de Castrelos 2025

Así o vén de anunciar o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a cantante e compositora Vanesa Martín actuará o xoves 31 de xullo no Auditorio de Castrelos en Vigo.

Esta é a segunda confirmación que o rexedor da cidade olívica dá a coñecer de cara á programación musical do verán. A primeira confirmación desta edición foi a ópera ‘La Traviata‘ que achegará ao gran auditorio vigués o vindeiro venres 1 de agosto.

Caballero definiu a Vanesa Martín como «unha das artistas femininas máis importantes do panorama musical español» e eloxiou os múltiples recoñecementos musicais que ten a artista ademais de destacar as súas xiras por «latinoamérica e Estados Unidos».

Vanesa Martín regresa así aos escenarios, co seu Tour 2025 do que xa comezou a dar pequenas pinceladas tras o lanzamento do seu novo single «Objetos Perdidos» o pasado mes de xaneiro. Esta canción é o adianto do seu próximo proxecto discográfico, previsto para a primavera.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS