Van ata 21 detidos na operación contra unha rede dedicada a construción de lanchas rápidas para o narcotráfico. Entre os detidos está un curmán do histórico narcotraficante «Sito Miñanco». Once dos detidos son da provincia de Pontevedra. A rede amplíase a outras autonomías e a Portugal.
Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, coa colaboración de Vixilancia Aduaneira, detiveron a 21 persoas, once deles na provincia de Pontevedra, no marco dunha operación contra a loxística do narcotráfico. As investigacións céntranse nunha rede dedicada á construción de lanchas rápidas utilizadas para transportar droga. Entre os arrestados atópase un curmán do narcotradicante Sito Miñanco.
Fontes próximas á investigación detallaron que o maior número de detencións practicáronse este mércores, entre elas a dun curmán de Sito Miñanco no seu domicilio. Esta operación, concretan as mesmas fontes, céntrase na parte loxística do narcotráfico, en relación á construción e fabricación de lanchas rápidas, as planadoras.
A operativo conta coa participación de efectivos dos grupos ECO e EDOA (de drogas) da Garda Civil, así como do Greco da Policía Nacional e do DAVA de Vixilancia Aduaneira.
Ademais dos arrestos levados a cabo en Galicia, na zona de Arousa, e outros puntos de España como Barcelona e Valencia, así como no país veciño de Portugal, practicáronse rexistros en domicilios e nave-talleres.