domingo, febrero 23, 2025
InicioNewsActualidadeA última bicicleta de Manuel Rodríguez poderá visitarse no Museo de Ponteareas

A última bicicleta de Manuel Rodríguez poderá visitarse no Museo de Ponteareas

Gracias á xenerosidade da familia,a última bicicleta de Manuel Rodríguez pode admirarse no Museo de Ponteareas dende xa. Así o decidiron as súas fillas, Cristina e Margarita Rodríguez, asegurando que «iso é o que lle gustaría ao meu pai, que se compartise con toda a veciñanza de Ponteareas».

“Anos despois de deixar o ciclismo meu pai falou co seu irmán Delio porque quería volver e así o fixeron. Foi entón cando chamou a Macario para que lle fixese unha réplica da bicicleta coa que competía en La Vuelta a España. Unha bicicleta á medida do seu peso e estatura para volver á estrada”, comenta Cristina Rodríguez.

Xuntos, volveron as estradas da contorna acompañados dos Cicloturistas de Ponteareas facendo tamén nas fins de semana longas distancias como as das etapas de La Vuelta co Club Ciclista Vigués.

Ademais desta peza, tamén se entregou un retrato do ciclista. Trátase dunha réplica das fotografías que o corredor de montaña se fixo en Madrid cando, xunto ao seu irmán Delio, facían fotografías en miniatura para agasallar aos seus admiradores e admiradoras cando os paraban para pedirlle autógrafos.

O concelleiro Ricardo González foi o responsable de recoller das mans da familia este “tesouro que representa un dos maiores orgullos de Ponteareas e que agora temos a responsabilidade de coidar para compartir con todas as persoas que visitan o museo”. Do mesmo xeito, o concelleiro adianta que entre as intencións do goberno está a reforma do Museo para potencialo e redistribuír espazos, entre os que haberá un propio do ciclismo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS