O Consello de Ministros aprobará o 19 de abril a eliminación da obrigatoriedade da máscara en interiores e a medida será efectiva desde o 20 de abril. Con todo deberá manterse en espazos de especial vulnerabilidade, como en hospitais ou residencias e no transporte público. Nas escolas tamén se retirará.
Carolina Darias:
Non será finalmente en Semana Santa, como rexeitaba Galicia. A retirada da máscara obrigatoria en interiores será efectiva desde o 20 de abril.
Os escolares comezarán o terceiro trimestre sen ter que levar a máscara posta na clase.
Tampouco será obrigatoria no ámbito laboral se hai boa ventilación e os empregados están a máis de 1,5 metros.
Con todo, Sanidade mantén a súa recomendación aínda nalgúns contextos como en momentos de aglomeracións de persoas.
Foi a ministra de Sanidade, Carolina Darias, quen propuxo este mércores ás comunidades flexibilizar o uso das máscaras en interiores a partir do próximo 20 de abril, pasadas as festas de Semana Santa.
A previsión é que a nova regulación se publique d no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 20 de abril e que entre en vigor no mesmo momento da súa publicación. Así, aínda que haxa lugares nos que se manteña o uso da máscara deixará de ser necesario entrar con ela posta en locais de hostalería, comercios ou nos centros educativos.
Algunhas autonomías como Madrid levaban tempo pedindo a súa retirada.