sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeSalvaterra conta os días para o seu tradicional 'Enterro da Lamprea'

Salvaterra conta os días para o seu tradicional ‘Enterro da Lamprea’

Salvaterra de Miño prepárase para dar a benvida ao Entroido 2025 con actividades para os máis pequenos e festividades para a diversión en familia.

O tradicional Enterro da Lamprea, que se celebrará o vindeiro sábado 8 de marzo, conta xa con máis de 1500 persoas inscritas para o desfile de comparar que percorrerán as principais rúas do municipio. A saída da comitiva realizarase ás 17:00h dende a Rúa Rosalía de Castro.

O punto final do traxecto será a Praza do Concello, onde se procederá á lectura do testamento da lamprea e á súa posterior queima. Dende o Concello lembran que «aquelas persoas que desexen acompañar á comitiva da lamprea polas rúas como ‘choronas’ deben acodir de loito«. Ademais, recordan que como «é habitual, na praza haberá chocolate quente para todos os asistentes».

A programación do Entroido salvaterrense complétase co desfile de disfraces dos centros educativos do municipio dende a Casa do Concello ata o Parque da Canuda o venres 28 de febreiro e coa tradicional festa infantil de Entroido o martes 4 de marzo, que contará con animación infantil e onde haberá chocolate e rosca para os asistentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS